Creative Commons retirou esta ferramenta legal e recomenda non aplicala a obras.
A persoa ou persoas que asociaron a obra con este documento (o «asignador» ou «certificador») certifica por este medio que (a) en virtude do que sabe, a obra de autoría identificada está no dominio público do país no que a obra se publica, ou (b) por este medio asigna calquera dos dereitos de autor que os asignadores teñan na obra da autoría identificada a continuación (a «obra») ao dominio público. Como certificador, ademais, asigna calquera interese sobre os dereitos de autor que poida ter na obra asociada e, para estes fins, se describe como un «asignador» a seguir.
Un certificador deu os pasos razoábeis para comprobar o estado de dereitos de autor da obra. O certificador recoñece que os seus esforzos de boa fe non poden protexelo de responsabilidade se, de feito, a obra certificada non é de dominio público.
O asignador fai esta asignación en beneficio do público en xeral e, en detrimento dos herdeiros e sucesores do asignador. O asignador pretende que esta asignación sexa un acto evidente de renuncia a perpetuidade de todos os dereitos presentes e futuros en virtude da lexislación de dereitos de autor, xa sexan adquiridos ou continxentes, sobre a obra. O asignador entende que esta renuncia de todos os dereitos inclúe a renuncia a todos os dereitos para facer cumprir (por acción legal ou outro tipo de accións) eses dereitos de autor da obra.
O asignador recoñece que, unha vez situada no dominio público, a obra pode ser libremente reproducida , distribuída, transmitida, usada, modificada, utilizada como base, ou explotada por calquera persoa para o propósito, comercial ou non comercial, e de calquera forma, incluso a través de métodos que aínda non foron inventados ou deseñados.